SALUDOS DESDE CASA 2

Hello everyone!
Is everything alright? Missing school already?
Strange situation, isn't it?

Hola a tod@s!
¿Está todo bien? ¿Echando de menos el cole ya?
Una situación extraña, ¿verdad?

A profe está a adaptarse tamén .. Tentaréi ir probando varias cousas para que usemos ao máximo os recursos dos que dispoñemos. Xa sabedes que as clases de inglés non son como as das outras asignaturas e son moi importantes os exercicios de escoitar. Afortunadamente a editorial Cambridge ,que publicou os nosos libros de texto, colabora coa "Teacher" e nos deu este vínculo para que accedades ao libro dixital para facer as audicións dos exercicios.
Fai clic aquí para explorar os libros online do teu curso. Deste xeito poderás acceder a máis contidos.

Estou colgando información do que podedes facer en inglés con actividades online , do libro , libreta ou momentos de comunicación real.  A podedes atopar por aquí ou no meu outro blog Proxectos plurilingües , na pestaña Maciñeira's wallno apartado Units . Ahí están os vínculos a un documento de texto , para cada curso, que iréi actualizando con indicacións sobre as actividades do libro a realizar e outras suxerencias. Esta información tamén lla pasaréi cada venres aos titores que supoño

Por outro lado, quero comentarvos que esta situación que é nova para todos, esixen cambios e o uso doutro tipo de materiais e por iso...  I´ve got a big/little problem...
Quería pedirvos a vosa colaboración para facerlles chegar información aos compañeiros que non contan con posibilidade de acceder a internet.
Hai persoas non contan con internet fixa na casa ou non contan con ordenador , móvil ou tablet  ou teñen outros problemas para acceder aos contidos online .Esas persoas deberían tentar estar en contacto coas familias e compañeiros dos seus fillos/as , netos/as por teléfono e que as persoas que teñan internet les digan os "deberes" ,practiquen a pronunciación e as estructuras con eles/as e  me trasladen dudas.
Entendo que moitas desas persoas non teñen internet fixa, pero seguramente si teñen   internet no móvil, e incluso en varios móviles, ou non usan o WhatsApp ? (Eu non o uso)
Se ese é o caso  podería haber una solución : Compartir os datos de internet do móvil mediante tethering . Se pode facer de xeito moi sinxelo  mira o video no vínculo para máis información. 
Se teñen internet móvil e  a cobertura é moi mala so queda queixarse á compañía de teléfono . 
Quen non pode acceder aos materiais via internet e considere que as actividades programadas se quedan cortas ,que mo faga saber  e lle faremos chegar a información máis básica dalgún outro xeito.

Nun principio , non quería comunicarme por móvil , como coordinadora TICs do centro preciso usar ao máximo outros medios tecnolóxicos e promover o seu uso tamén pero, nos casos sexa o único canal posible de comunicación tamén estaréi dispoñible. Facédelle chegar aos titores esta necesidade e me poréi en contacto con vos.

Recordade que si tedes dúbidas das actividades a persoa que mellor as pode respostar son eu.  Vos lembro que podedes enviar comentarios por aquí ou de xeito privado, via email.

Un saúdo a todos e moita paciencia.
Uxía

No hay comentarios: