TO THE FAMILIES 1



CEIP de Maciñeira-13/03/2020 INFORMACIÓN DE INGLÉS


Estimadas familias,
Imos tentar adaptarnos o mellor posible a esta situación.
Así,  para continuar co noso traballo isto é o que eu podo ofrecer.


Nos cursos de 3º a 6º estábamos comezando novo tema polo que xa teñen
no caderno o cadro informativo cos contidos. 
Os cursos de 1º e 2º estábamos en momento e transitorio
xa que estabamos a avaliar o tema da familia en 1º
e dos deportes en 2º. 
Para o alumnado de EI , comparto as ideas das titoras,
é moi pouquiño tempo o que adicamos ao inglés , así que ,
si queredes reforzar un pouco o inglés podo so recomendar
as listas de reprodución de E.I. na canle de Youtube :
English in Maciñeira.


Nun principio continuaremos facendo actividades
dos temas que indico a continuación:
1º EP : U4 págs 36-43
2º EP: U3 págs 28-35
(Vos mando algunhas fotocopias dispoñibles
para traballar e pegar na libreta ou gardar na carpeta)
3º EP:U6 págs 54-61
4º EP:U2 págs 18-25
5º EP:U6 págs 54-61
6º EP:U5 págs 44-51
As indicacións de que exercicios facer as faréi
por medio do blog proxectos plurilingües.
Iréi posteando traballiños a diario para que
“non se nos acumule o chollo”. 


Como xa sabedes está disponible por internet a páxina de reforzo
dos materiais do libro de texto que empregamos no colexio
(vocabulario , frases, cancións e historias ilustradas).
Se pode acceder desde dispositivos moviles e PC.
Hai tamén actividades de repaso nos meus blogs de inglés:
Se facedes un uso supervisado de internet
tamén podo  ofrecervos outras posibilidades:
1. Ver videos complementarios aos coñecementos do nivel
no que estan os vosos fillos/as.
Están dispoñibles na canle de Youtube : English in Maciñeira
Eso si, ainda que creei unha lista de reproducción para cada nivel,
non me fago responsable de donde poidades acabar
se vos saides de esas recomendacións.
Por favor, o youtube , sempre, con supervisión dun adulto.


2. Páxinas de actividades para aprender e repasar vocabulario
e oracións:
Learning chocolate ou Games to learn English


 Se alguén precisa información a maiores pode mandar
un correo electrónico a uxiaff@edu.xunta.es  ou
fernandezfernandezmeugenia@gmail.com e
responderéi a maior brevidade posible.

Un saudo a tod@s e ánimo , Uxía

2 comentarios:

English in Maciñeira dijo...

27/03/2020
Hoxe as/os titores dos vosos fillos xa teñen as tarefas de inglés.
Recordarvos que tamén as podedes ver desde Proxectos Plurilingües
http://proxectosplurilingues.blogspot.com/p/blog-page_4.html
seleccionando o voso curso.
A coidarse!
Uxía

English in Maciñeira dijo...

02/04/2020
Hoxe comezo a contestar as primeiras dúbidas dos exercicios,
que me trasladaron algunhas familias,
nas entradas do blog para tal efecto.
Etiquetas: Familia, Uxía,